Dende 23 de maio, 2024 - Ata 23 de maio, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide organiza unha actividade formativa para explorar a identidade visual das marcas e crear unha propia
Categorías: Formación
Neste obradoiro as persoas participantes explorarán como funciona e en que consiste a identidade visual das marcas e aprenderán a identificar a súa propia. Desde a creación dun logotipo ata a definición do nome e mensaxes de impacto, coñecerán os pasos fundamentais para transmitir a esencia e personalidade dos seus proxectos emprendedores.
O programa será o seguinte:
10:00-10:10 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.
10:10-10:15 h. Presentación do evento.
10:15-10:30 h. Presentación dos proxectos emprendedores participantes.
10:30-11:00 h. Desenvolvemento da actividade formativa liderada por Erisbel Borges Pérez, José Luis González Muñoz e Bryan Taylor Reveron, promotores e fundadores da consultora de innovación e tecnoloxía e márketing dixital PRECISE FUTURE, atendendo o seguinte programa:
Fundamentos para desenvolver a túa marca persoal.
Arquetipo, o rol e o ton de voz da túa marca.
O valor do uso da IA no deseño da túa marca.
11:00-11:30 h. Espazo de networking e pausa para o café.
11:30-12:30 h. Obradoiro de xeración de ideas a través de mesas de traballo en conxunto.
12.30-12:45 h. Exposición dos resultados obtidos.
12:45-13:00 h. A importancia de deseñar unha estratexia de comunicación e posicionamento da túa marca.
13:00 h. Peche da xornada.
A actividade terá lugar o 23 de maio, no Espazo multidisciplinar Melchor & Gaspar, Rúa da Raiña, nº 18, 15705, Santiago de Compostela.
Se non te sentes seguro identificando a túa marca ou os elementos gráficos asociados ao teu proxecto emprendedor, esta actividade é para ti, anímate e participa!