Conversas de emprendemento feminino

Dende 14 de decembro, 2023 - Ata 14 de decembro, 2023

Evento no que reuniremos a mulleres emprendedoras da Rede de Polos e do territorio do Polo Friol e no que, nun distendido coloquio, compartiremos experiencias e reflexións sobre o emprendemento en clave feminina.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

Un 60% das persoas emprendedoras incorporadas ao Polo Friol son mulleres que comparten valores como o compromiso co territorio e cualidades como a creatividade e a capacidade de traballo, pero que forman un grupo heteroxéneo en canto a idade, orixe ou motivacións. Ao mesmo tempo, no territorio do Polo Friol coñecimos emprendedoras exemplares cunha historia que paga a pena coñecer.

Esta diversidade fíxonos pensar nunha xornada na que compartir reflexións en torno á súa experiencia emprendedora e vital nun formato de mesa redonda que, sen dúbida, vai resultar enriquecedora para todas as participantes, ao tempo que axuda a reforzar lazos entre o a Rede de Polos e o ecosistema emprendedor.

A charla finalizará cun petisco e tempo para conversar libremente.

PROGRAMA:

  • 17.00 Recepción de participantes.
  • 17.10 Presentación de conclusións da actividade do Polo Friol no ano 2023.
  • 17.20 Mesa redonda "Conversas en feminino".
  • 18.20 Petisco.

Lugar de celebración: Centro Colaborativo do Concello de Friol. Rúa Deputación nº 14 - Friol.
Aforo limitado.


Presencial

Voltar