Constrúe a túa marca persoal: Storytelling e presenza dixital

Dende 21 de marzo, 2025 - Ata 21 de marzo, 2025

Unha experiencia formativa e interactiva, onde os participantes traballaran na identificación da súa proposta de valor, na creación dunha narrativa persoal e na potenciación da súa marca persoal e/ou profesional.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

📅 Venres 21 de marzo | 09:45 - 14:00h
📍 Sede do Polo Coristanco

 

Nun mundo dixital e altamente competitivo, a construción dunha marca persoal auténtica e diferenciadora é clave para destacar e xerar novas oportunidades profesionais. Desde o Polo de Coristanco organizan este obradoiro para que as persoas asistentes comecen a traballar na súa historia persoal e profesional e na percepción da súa marca, optimizando a súa presenza dixital para conectar co seu público e establecer relacións estratéxicas.

 

A través de dinámicas participativas e ferramentas prácticas, aprenderán a proxectar a súa identidade en plataformas clave como LinkedIn, utilizando estratexias que lles permitan conectar emocionalmente co seu público e fortalecer a súa posición no mercado.

 

Esta actividade capacitarate para...

  • Comprender a importancia dunha marca persoal auténtica e diferenciada.
  • Construír unha narrativa persoal impactante utilizando técnicas de storytelling.
  • Xestionar e optimizar a túa presenza dixital para mellorar a túa reputación profesional.
  • Aplicar estratexias para conectar emocionalmente co público e establecer relacións estratéxicas.
  • Crear un perfil de LinkedIn atractivo e utilizar contidos dixitais para xerar impacto.

 

Programa:

09:45 - 10:00h Recepción de participantes
10:00 - 10:30h Introdución á marca persoal e storytelling
10:30 - 12:00h Obradoiro práctico: construíndo a túa historia
12:00 - 12:30h Pausa - café networking
12:30 - 13:45h Potenciando a presenza dixital: LinkedIn e estratexias online
13:45 - 14:00h Clausura e seguintes pasos

 

Se queres fortalecer a túa imaxe e posicionamento profesional, esta é a oportunidade para aprender das mellores estratexias e ferramentas. Inscríbete agora e comeza a construír unha marca persoal forte e diferenciadora!


Presencial

Información adicional

ColaboradoresSiete Olas Agencia de Marketing

Voltar