Consellos para emprender no sector artístico cultural

Dende 16 de abril, 2025 - Ata 16 de abril, 2025

Xornada práctica organizada desde o Polo O Porriño para ofrecer consellos e ferramentas a artistas emerxentes interesados en emprender no sector cultural.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

 

 

📅 Mércores, 16 de abril | 10:00-11:45 h

📍 Centro de Emprendemento, Dinamización Empresarial e Coworking de Ponteareas 

 

 

Con motivo do Día Mundial do Emprendemento, o Polo O Porriño organiza esta xornada dinámica e participativa dirixida ás persoas participantes na Primeira Residencia de Artistas Artistea de Ponteareas. A actividade ten como obxectivo ofrecer orientación sobre como iniciar un proxecto dentro do ámbito artístico e cultural.

 

 

A través desta xornada, ofreceranse ferramentas prácticas, consellos útiles e un espazo para resolver dúbidas, todo enfocado en dar os primeiros pasos para converter unha idea creativa nunha realidade empresarial. Un encontro pensado para inspirar aos artistas emerxentes e mostrarlles o camiño cara a un emprendemento con futuro no sector.

 

Programa:

10:00 h Recepción de asistentes e benvida
10:15 h Presentación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego O Porriño
10:20 h Exposición de particularidades e consellos nun emprendemento no eido artístico-cultural
10:50 h Preguntas e dúbidas
11:00 h Dinámica “Canvas colaborativo dun proxecto artístico-cultural”
11:45 h Peche da xornada

 

 

Un espazo pensado para inspirar, conectar e apoiar a quen quere transformar a súa paixón creativa nun proxecto con futuro.

 

 


Difusión da cultura emprendedora

Voltar