Consellos para emprender en Galicia a artistas gráficos

Dende 20 de xuño, 2025 - Ata 20 de xuño, 2025

O Polo O Porriño en colaboración coa Asociación "Artistea" desenvolverá unha xornada dinámica e participativa dirixida ás persoas usuarias atendidas polo servizo da Asociación, na que se abordarán as claves para emprender minimizando riscos.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

 

🗓️ Venres, 20 de xuño | 10:00 - 11:45 h
📍 Centro de Emprendemento, Dinamización Empresarial e Coworking de Ponteareas (CEDEP), Praza Maior nº 13, Ponteareas

 

 

A residencia de artistas Artistea xunta en Ponteareas a seis mozas e mozos para traballar a través de proxectos artísticos de todas as disciplinas o valor cultural e histórico da zona. Neste contexto creativo e dinámico, o Polo O Porriño levará a cabo unha xornada para traballar as claves do emprendemento no secto artístico e cultural.

 

Con esta actividade daranse a coñecer a Rede de Polos e os seus servizos a este grupo de artistas emerxentes. Promoverase a iniciativa emprendedora nun eido que ten certos prexuízos asociados pero que, co apoio personalizado e continuo dos Polos, se poderán superar.

 

As dinámicas previstas serán creativas e colaborativas, e incluirá consellos prácticos enfocados a cada unha das disciplinas que traballan os proxectos da residencia e un espazo para resolver todas as dúbidas que poidan xurdir.

 

 

Programa: 
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida.
10:15 h - Presentación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de O Porriño
10:20 h - Exposición de particularidades e consellos nun emprendemento no eido artístico cultural
10:50 h - Preguntas e dúbidas
11:00 h - Dinámica “Canvas colaborativo dun proxecto artístico cultural”
11:45 h - Peche da xornada


Difusión da cultura emprendedora

Voltar