Dende 19 de outubro, 2023 - Ata 19 de outubro, 2023
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda organiza un evento de networking para promover colaboracións e sinerxías entre as emprendedoras europeas que se atopan en Galicia participando no programa europeo The Break Fellowship, deseñado e impulsado pola Escuela de Organización Industrial (EOI), e as persoas emprendedoras da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial
The Break Fellowship é un programa europeo de atracción de talento feminino cun dobre obxectivo: que as emprendedoras coñezan de primeira man o ecosistema empresarial español (neste caso, galego) e que poidan establecer relacións comerciais e participar na resolución de desafíos locais. O programa ten un alcance nacional e foi deseñado e impulsado pola Escola de Organización Industrial (EOI).
A presenza en Galicia de catro grupos de emprendedoras europeas, ofrece ás persoas beneficiarias da Rede de polos as seguintes oportunidades:
- Intercambio de experiencias e boas prácticas de emprendemento
- Xerar opcións de colaboración internacional e mellorar as súas habilidades de comunicación
- Aumentar a visibilidade dos seus propios proxectos
- Coñecer outros recursos e programas europeos
PROGRAMA:
16:00 h. Recepción de asistentes e benvida institucional da Secretaria Xeral da Igualdade, Sandra Vázquez Dominguez
16:15 h. Charla inspiradora: Testemuño da colaboración entre un proxecto de emprendemento europeo de The Break e outro proxecto galego de turismo sostible
16:40 h. Actividade guiada de networking: organizada en grupos pequenos creados previamente en función dos sectores e os intereses das persoas participantes
17:20 h. Peche de a actividade: aprendizaxes e agradecementos
17:30 h. Viño galego e networking ata as 18:00 h
Data: 19 de outubro de 2023 de 16h a 18h.
Lugar: Espazo X. Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
R/ de Ramón do Valle- Inclán, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña.
ColaboradoresFundación Roberto Rivas, EOI y The Break Alliance, PYMEON - iSlowColiving, Anceu Coliving y Sende Coliving