Conexión Emprendedora. Edición Mar.

Dende 18 de xullo, 2024 - Ata 18 de xullo, 2024

Experiencia formativa e de networking

Categorías: Outra

O xoves 18 de xullo AJE A Coruña organiza unha experiencia formativa e de networking única, na que os asistentes participarán nunha regata para emprendedores. Durante esta actividade, os participantes aprenderán a navegar un barco de vela, aproveitando a oportunidade para establecer conexións profesionais nun entorno relaxado e colaborativo. Ademais, gozarán das vistas espectaculares das costas galegas, creando un ambiente propicio para fortalecer relacións e explorar novas oportunidades de negocio. Esta combinación de aprendizaxe práctico e networking fará da regata unha experiencia enriquecedora. 

 

Agardámoste ás 16h no Porto deportivo de Sada, A Coruña.

Non te perdas esta experiencia!


Outra

Voltar