Dende 11 de abril, 2025 - Ata 11 de abril, 2025
Descubre como os programas Erasmus para Emprendedores e a participación do talento novo poden impulsar o teu proxecto de negocio e abrir novas oportunidades. Escoita testemuños, resolve dúbidas e conecta con expertos.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)
📅 Venres, 11 de abril | 10:00-12:30 h
📍 Cámara de Comercio de Santiago de Compostela (modalidade híbrida con conexión en liña)
Se es emprendedor/a ou tes unha pequena empresa e buscas novas formas de crecer, esta xornada é para ti! O venres 11 de abril, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela acollerá un encontro pensado para dar a coñecer os programas Erasmus para Emprendedores e o programa de impulso das startup co talento novo, dúas iniciativas que che permitirán explorar novos mercados, fortalecer as túas capacidades e conectar con profesionais doutros países.
Nesta sesión descubrirás como estas oportunidades poden axudarche a gañar confianza no teu proxecto, aprender de experiencias reais e acceder a novas formas de facer negocio. Terás acceso a expertos que explicarán a operativa dos programas e a testemuños de emprendedores que xa viviron esta experiencia, tanto como participantes como empresas de acollida.
Ademais, será un espazo perfecto para resolver dúbidas, intercambiar ideas e facer networking con outros emprendedores, entidades e estudantes interesados no emprendemento.
Programa:
10:00 h – Recepción de asistentes e benvida.
10:05 h – Presentación do Polo e os seus servizos.
José Vaamonde, Asesor de Emprendemento, Polo de Melide.
Rosa Corral, Asesora de Emprendemento, Polo de Melide.
10:15 h – Presentación dos Programas de Emprendemento da Cámara de Comercio.
Sandra Becerra, Responsable do Departamento de Creación de Empresas e Viveiro de Empresas.
Sheila Romero, Técnica do Programa Emprendedoras (Apoio Empresarial ás Mulleres Emprendedoras).
10:25h- Presentación do Programa Piloto "Innovación e Talento Xove Xunta de Galicia - U4IMPACT".
Marta Mariño, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social.
10:40 h – Presentación dos Programas Erasmus Xóvenes Emprendedores.
Belén Mendoza, Responsable de Proxectos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Coordinadora do Programa Erasmus for Young Entrepreneurs.
Presentación Erasmus Novo Emprendedor.
Presentación Erasmus Emprendedor/Empresario de acollida.
Potencialidades e obxectivos.
Requisitos.
Operativa de participación.
Xestión do intercambio.
11:00 h – Presentación de experiencias de participantes nos Programas.
Testemuño dunha emprendedora en intercambio: Ana Pérez Puga (Erasmus Italia).
Testemuño dunha empresa/proxecto emprendedor de acollida: Ignacio Márquez, promotor do proxecto Rural Hackers (Erasmus Singapur).
11:20 h – Rolda de preguntas e intercambio de experiencias coas iniciativas participantes.
11:30 h – Espazo de networking e petiscos.
12:00 h – Peche da xornada.
Se queres impulsar o teu proxecto e coñecer novas formas de crecer profesionalmente, non perdas esta oportunidade!
ColaboradoresCámara de Comercio de Santiago de Compostela e