Obradoiro de emprendemento para a integración social e profesional da muller

Dende 25 de marzo, 2025 - Ata 25 de marzo, 2025

O Polo de emprendemento Verín realizará, en colaboración coa Fundación Amaranta, un obradoiro de emprendemento feminino. No transcurso do mesmo, as asistentes participarán en diferentes dinámicas e actividades que lles permitirán valorar o emprendemento como unha opción para o seu desenvolvemento profesional.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

 

📅 Martes, 25 de marzo | 11:00 - 13:00h
📍 Instalacións de AEVER (Asociación de Empresarias e Empresarios de Verín)

 

Neste taller de orientación emprendedora organizado polo Polo de emprendemento Verín en colaboración coa Fundación Amaranta as asistentes aprenderán sobre emprendemento, para poder consideralo así unha opción potencial de saída laboral. A través do método Ikigai poderán diferenciar cales son as súas habilidades innatas e como isto pode influír nunha idea de emprendemento. 

 

O Polo de emprendemento Verín e a Fundación Amaranta procuran con este taller contribuír a dignificar a vida das mulleres en situacións de vulnerabilidade e mellorar as condicións de vida deste grupo da sociedade. Ademais, aproveitarase para dar a coñecer o Polo, a metodoloxía e os aspectos básicos empregados para apoiar ás persoas emprendedoras.

 

Esta actividade capacitarate para...

  • Mellorar a situación laboral das mulleres en situación de risco.
  • Crear unha rede de apoio destinada a mulleres, na que se lles proporcione un servizo de asesoramento especializado sobre emprendemento.
  • Utilizar recursos e ferramentas para acceder ao emprego e ao emprendemento.
  • Reflexionar sobre posibles ideas de negocio a través do método Ikigai.

 

 

Programa: 

11:00 - 11:15h Presentación da actividade: obxectivos e actividades a realizar

11:15 - 11:40h Presentación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego:

  • Proxección do vídeo da Rede.
  • Explicación da metodoloxía da Rede.
  • Explicación das axudas e programas máis importantes para emprendedoras da Xunta de Galicia.

11:40 - 12:00h Dinámica Ikigai: exercicio práctico empregando o método Ikigai.

12:00 - 12:15h Dinámica Ikigai: posta en común e análise dos resultados (negocios na contorna e tendencias de mercado)

12:15 - 12:45h Intervención dunha empresaria de recoñecido prestixio da comarca.

12.45 - 13:00h Recollida de datos e valoración da actividade.

13.00h Despedida e agradecementos. 

 

As prazas son limitadas, así que non quedes sen a túa! 


Presencial

Voltar