Conectando o Polo coas montañas Surorientais da Ribeira Sacra

Dende 28 de novembro, 2024 - Ata 28 de novembro, 2024

Achégate a este encontro entre o Polo de O Barco e as montañas Surorientais da Ribeira Sacra que busca impulsar o movemento emprendedor da zona

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

 

O Polo O Barco sabe que a parte suroriental da Ribeira Sacra ten moito potencial e, por iso, quere xuntar ás persoas emprendedoras da zona nunha actividade na que poderán informarse dos apoios que existen, reflexionar, debater e facer networking. 

 

Nesta actividade búscase informar sobre os servizos do Polo O Barco e as posibilidades que ofrece tanto esta oficina como a Rede de polos en Galicia. Ademáis, as persoas asistentes poderán expoñer os seus proxectos e participar nunha conversación aberta sobre o a actividade emprendedora. 

 

O programa será o seguinte: 

 

18:00 – 18:10 h. Recepción de asistentes e benvida 

18:10 – 19:00 h. Presentación do Polo O Barco e presentación por parte das persoas asistentes dos seus proxectos de emprendementos 

19:00 – 19:30 h. Coloquio aberto sobre o emprendemento  

19:30 – 19:45 h. Exposición das principais conclusións da sesión  

19:45 – 20:00 h. Toma de datos de contacto das persoas que queiran ser asesorados polo Polo e formar parte da Rede

20:00 h. Peche da sesión 

 

A actividade terá lugar no Centro de día de Manzaneda (Rúa Toural, Manzaneda, Ourense) o xoves, 28 de novembro. 

 

Achégate a esta oportunidade tan especial para a zona! 

 


Presencial

Voltar