Emprendendo con experiencia sénior

Dende 29 de novembro, 2023 - Ata 29 de novembro, 2023

Xornada para abordar os retos cos que se atopan as persoas de máis de 50 anos cando queren reinventarse e liderar os seus propios proxectos

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

O Polo de empredemento de Silleda organiza unha xornada para visibilizar e poñer en valor a experiencia como recurso clave do emprendemento sénior.

Nesta xornada preténdense identificar as necesidades específicas de apoio das persoas emprendedoras maiores de 50 anos que queren emprender, facilitando un debate sobre as oportunidades e retos aos que se enfronta este colectivo.

 

Programa:

10:00 Recepción de asistentes e benvida

10:10 Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego

10:15 Relatorios: Visibilizando o talento das persoas emprendedoras senior:

  • Adriana Clemencia Alzate. Artesá orfebre, deseñadora de xoias. Lidera o proxecto “Noga Arts”. Os seus deseños son pezas orgánicas onde se reflicte a riqueza de cores da súa terra natal, Colombia, e a diversidade cultural galega. 
  • Katerine Gutierrez Villaverde. Promotora de "Traces of the World", tenda online de roupa de muller contemporánea, ética e sustentable, elaborada a man por artesáns de todo o mundo.
  • Pilar Sotelino. Fundadora de “A Avoa Makika”, proxecto de elaboración e venda de marmeladas e salsas feitas de forma tradicional e baseadas en produtos galegos naturais. 

11:00 Obradoiro de xeración de ideas: mesas de traballo co obxectivo de obter ideas e opcións de emprendemento.

12:00 Exposición das conclusións de cada mesa de traballo e peche da xornada.

12:15  Café e networking

 

Data e lugar de celebración:

Mércores, 29 de novembro de 2023

Museo do moble e da madeira (MOME)

Avda Benito Vigo, 36680 A Estrada, Pontevedra

 

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de A Estrada

Voltar