Dende 12 de novembro, 2024 - Ata 12 de novembro, 2024
O Polo Silleda, en colaboración con ECOS, organiza unha actividade para que as persoas emprendedoras da zona poidan xerar alianzas e buscar solucións aos retos da economía local
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
O Polo Silleda, en colaboración con ECOS, da continuidade ao traballo iniciado en maio cos comenciantes desta asociación, organizando unha segunda sesión que busca crear espazos de traballo e lecer onde as persoas participantes poidan debater e buscar solucións aos retos e xerar alianzas no territorio que contribúan a crear ecosistema.
A sesión será dinamizada por Paula Rivela, experta coñecedora do ecosistema emprendedor da Comarca do Deza.
As persoas emprendedoras terán a oportunidade de experimentar a forza da colaboración, traballar e compartir que é o que ofrecen e que é o que necesitan, definir accións de colaboración entre persoas sociais e elaborar un acordo de compromiso de colaboración para que o asinen as persoas socias que se sumen á iniciativa.
O programa será o seguinte:
20:30-20:40 h. Recepción das persoas participantes.
20:40-21:00 h. Dinámica das cadeiras “experimentar a forza de colaborar”
21:00-21:20 h. Dinámica “que necesito” “que ofrezo”
21:20-21:50 h. Dinámica “como podemos colaborar”
21:50- 22:00 h. Peche da actividade. Momento petiscos
Esta actividade se levará a cabo o 12 de novembro na sede do Polo Silleda (Rúa Trasdeza nº70, baixo, Silleda, Pontevedra).
ColaboradoresAsociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda ECOS