Conectando o Polo co Sistema de Licitacións: oportunidades de contratación pública na Eurorrexión Norte de Portugal-Galicia. BID4TENDERS

Dende 19 de novembro, 2024 - Ata 19 de novembro, 2024

O Polo Melide organiza esta actividade divulgadora-participativa onde se darán a coñecer as potencialidades do Programa BID4TENDERS e das licitacións en xeral

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

 

O Polo Melide, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Axencia para a competitividade e innovación de Portugal (IAPMEI) organizan unha sesión para dar a coñecer o proxecto BID4TENDERS e as licitacións, co desenvolvemento dunha simulación práctica con algúns modelos de proxecto.

 

Este evento busca achegar o sistema de licitacións públicas ás persoas emprendedoras e pequenas empresas, como ferramenta para a procura de clientes, socios, provedores, produtos, bens, servicios, etc., familiarizándoos coa súa interpretación, co obxectivo de incrementar as oportunidades de negocio.

 

programa será o seguinte:

 

10:00 - 10:05 h. Recepción de asistentes e benvida

10:05 - 10:10 h. Presentación do evento

10:10  - 10:30 h. Presentación do proxecto BID4TENDERS

10:30 - 11:00 h.  “Claves e oportunidades na contratación pública en Portugal”

11.00 - 11:10   Cuestionario sobre capacitación empresarial das pemes na contratación pública

11:10 - 11:30   Espazo Networking - Pausa café

11:30 - 12:00 h.  “Portas abertas ás licitacións en España: unha guía práctica sobre o uso das Plataformas de Contratación Pública”

12:00 - 12:30 h.   Intercambio de experiencias na Contratación Pública: Testimonio dunha Peme Galega

12:30 h.   Peche da xornada

 

O evento terá lugar o martes, 19 de novembro na Sede da CEG (Salón Galicia, rúa do Vilar nº 54, Santiago de Compostela).

 

Se tes interese na modalidade on line por favor indícao no campo "Obervacións" do formulario de inscricións.

 

Inscríbete!


Híbrida (presencial+streaming)

Información adicional

ColaboradoresConfederación de Empresarios de Galicia (CEG); Confederaçao Empresarial do Alto Minho (CEVAL); Agencia para la competitividad e innovación de Portugal (IAPMEI); Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

Voltar