Dende 28 de setembro, 2023 - Ata 28 de setembro, 2023
O Polo de emprendemento e apoio ao Emprego Rías Altas e Arco Ártabro organiza unha sesión para coñecer as boas prácticas das empresas do sector TIC e as súas necesidades actuais co obxectivo de xerar novas oportunidades de emprendemento
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro organiza un encontro entre empresas tecnolóxicas e persoas emprendedoras para coñecer as necesidades do sector TIC en canto a produtos e/ou servizos que demandan e non atopan. Deste xeito, traballarase coas persoas emprendedoras na procura de oportunidades de negocio que cubran as necesidades do sector.
Neste encontro obterase a información necesaria para que as persoas interesadas en emprender no campo da tecnoloxía poidan aportar as súas solucións ás necesidades recollidas.
OBXECTIVOS
PROGRAMA
9:30h. Benvida e presentación do evento
9:35h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro
9:50h. Exemplo de emprendemento no sector. Recarbo: La solución de digitalización del sector primario.
10:10h. Exposición dos retos e necesidades do sector TIC (resultado dunha enquisa previa realizado a empresas do sector)
10:20h. Introdución aos temas que se discutirán durante o evento
Innovación constante nun mercado competitivo
Atracción e retención do talento
Identificación de oportunidades de mercado
10.30h. Desenvolvemento da dinámica “Fish Bowl”: explicación e regras de participación.
12:00h. Conclusións e peche da xornada.
12.30 h. Café-networking
ColaboradoresClúster TIC Galicia, Asociación TIC Ferrolterra, Asociacións empresarios...