Conectando o Polo co sector primario de transformación

Dende 05 de maio, 2023 - Ata 05 de maio, 2023

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Lugo Sur organiza unha sesión para coñecer as boas prácticas das empresas do sector primario de transformación e identificar as súas necesidades actuais co obxectivo de xerar novas oportunidades de emprendemento.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

A Ribeira Sacra é unha das rexións máis fermosas de Galicia e unha fonte de inspiración para moitas persoas emprendedoras. Esta área xeográfica ofrece unha gran cantidade de oportunidades a diferentes sectores, entre eles ao sector primario de transformación que desempeña un papel fundamental na economía deste territorio.

As empresas deste sector son importantes xeradoras de emprego e contribúen ao mantemento da economía local, ao mesmo tempo que preservan o patrimonio cultural e gastronómico da rexión.

Por isto, o Polo de emprendemento  e apoio ao emprego Lugo Sur organiza unha sesión para coñecer as boas prácticas dalgunhas empresas, e ademais, a través dunha dinámica de traballo colaborativo, identificar, a partir das necesidades actuais do sector, cales son os principais retos que poden xerar novas oportunidades de emprendemento.

Lugar: Abadía da Cova- Adegas Moure.

A Cova. 27548 O Saviñao - Lugo

Programa

10 h. Benvida e presentación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

10:20 h. Mesa coloquio: "Necesidades actuais do sector primario de transformación". Dinamizado por Xosé Lois Manzanares, Daveiga.

Participa: Adegas Moure, Casa da Fonte, Gandería Puluan, Airas Moniz e Tuta Fruta Eco Products.

11 h. Dinámica de traballo para a identificación de retos do sector.

12 h. Aperitivo.

12:30 h. Exposición da dinámica e conclusións.

13 h. Peche da sesión.

Se eres unha empresa do sector primario que fai transformación, contacta connosco antes do 30 de abril a través do correo electrónico: lugosur@polosemprendemento.gal.


Programa

Presencial

Voltar