Dende 17 de xuño, 2025 - Ata 17 de xuño, 2025
O Polo de Baños de Molgas organiza unha xornada dirixida ao sector gandeiro da comarca para dar a coñecer os seus servizos, promover a innovación na gandaría extensiva e favorecer a creación de sinerxías entre profesionais do rural.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
📅 Martes, 17 de xuño | 19:00–21:00 h
📍 Estrada Ourense-Celanova 3, A Merca (Ourense)
O sector gandeiro é parte esencial do noso territorio. Con esta xornada buscamos crear pontes entre o Polo de emprendemento e os profesionais do rural, ofrecendo un espazo para compartir coñecemento, resolver dúbidas e coñecer de preto novas tecnoloxías aplicadas á gandaría extensiva.
Contaremos coa participación de Verín Biocoop, que presentará a súa experiencia coas razas autóctonas galegas, e con Innogando SL, empresa que nos amosará como os colares GPS e outras innovacións poden facilitar o traballo diario das explotacións. Unha cita para coñecernos, establecer sinerxías e avanzar xuntos.
Programa:
19:00 h – Benvida e presentación da xornada
19:10 h – Presentación do Polo e os seus servizos da man de Elena López, técnica de emprendemento do Polo Baños de Molgas
19:25 h – Verín Biocoop: creación da cooperativa gandeira e as características das diferentes razas autóctonas coas que traballan
20:00 h – Innogando: innovación e tecnoloxía cos colares GPS na gandaría extensiva e como poden facilitarlle o día a día o gandeiro
20:50 h – Petiscos e networking
21:00 h – Peche da xornada
Unha oportunidade para conectar co territorio, compartir experiencias e impulsar xuntos o futuro do sector agrogandeiro.
ColaboradoresVerinBiocoop, Innogando