Conectando o Polo co sector do mar

Dende 02 de xullo, 2025 - Ata 02 de xullo, 2025

Identificar sinerxías reais que permitan aproveitar mellor os recursos da Ría, impulsar innovacións sostibles e asegurar o relevo xeracional cun enfoque digno, profesionalizado e sostible, porque o futuro do mar tamén se constrúe desde terra: falando, conectando e planificando xuntos

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 2 de xullo | 10:00 - 13:00 h

📍 Sede do Polo Vilanova, Pazo Vista Real de Vilanova. Camiño de Boutrín nº 7, Vilanova de Arousa

 

 

O mar leva xeracións escribindo a historia de Vilanova. Non só como motor económico, senón como parte da nosa identidade, da nosa cultura e da nosa forma de entender a vida. Porén, historicamente non foi acompañado polo grao de recoñecemento, social e económico que verdadeiramente merece.

 

Todos os axentes do sector comparten os mesmos retos: dende implementar innovacións sostibles ata asegurar a remuda xeracional, pasando pola visibilidade do produto local. O sector do mar pode renovarse sen perder a alma, pero sempre é máis doado dende a colaboración. Para iso está esta xornada, que serve de ponte para establecer sinerxías reais e coordinarse a prol de obxectivos comúns.

 

A actividade terá o formato de mesa redonda, establecendo un grupo de traballo dinámico e participativo que será o xerme de futuras colaboracións que impulsen o desenvolvemento local aproveitando os recursos da Ría. 

 

Contará coa presenza de varias personalidades de relevancia para o sector: Elena Vitoria, CEO de Salmoira; Elena Fontán, lidera o proxecto Orixe Salgada; Inma Rodríguez Paz, Presidenta da OPP-20 da Illa de Arousa; Miguel Ángel Romero Iglesias, Patrón Maior da Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo e Keko Alfonso, Director de Conservas de Cambados.

 

 

Programa:

10:00 h - Recepción de asistentes e benvida.

10:05 h - Presentación da xornada e obxectivos da mesma

10:15 h - Mesa de traballo composta por: 

  • Elena Vitoria, CEO de Salmoira (Moderadora) 
  • Elena Fontán, Oceanografa e emprendedora, lidera o proxecto Orixe Salgada 
  • Inma Rodríguez Paz, Presidenta da OPP-20 da Illa de Arousa 
  • Miguel Ángel Romero Iglesias, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo 
  • Keko Alfonso, Director de Conservas de Cambados 

12:00 h - Clausura da xornada 
12:05 h - Café networking

 

 

O futuro do mar tamén se constrúe desde terra: falando, conectando e planificando xuntos.


Presencial

Voltar