Emprendemento no sector hostaleiro na zona sur de Lugo

Dende 19 de maio, 2025 - Ata 19 de maio, 2025

Faladoiro no que expertos dan a coñecer as posibilidades emprendedoras no sector hostaleiro e a súa situación actual na zona sur de Lugo

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

📅  Luns, 19 de maio | 17:00-19:00 h

📍Centro do Viño (Rúa do Comercio, 6, Monforte de Lemos, Lugo)

 

Nun contexto de conexión co tecido empresarial do territorio, o Polo de Emprendemento de Monforte colabora coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL) para dar visibilidade ao potencial emprendedor no sector hostaleiro da zona sur da provincia.

 

A actividade consistirá nun faladoiro no que persoas referentes do sector compartirán a súa experiencia e visión sobre os retos, oportunidades e nichos de mercado para novos negocios hostaleiros nun territorio con marxe de crecemento neste ámbito.

 

O obxectivo é achegar información práctica ás persoas emprendedoras, especialmente beneficiarias dos Polos de Emprendemento, e fomentar o diálogo entre profesionais, institucións e futuros proxectos.

 

Nesta actividade poderás...

- Coñecer de primeira man a situación actual do sector hostaleiro na zona sur de Lugo
- Identificar oportunidades reais para emprender negocios hostaleiros nun territorio con potencial de crecemento
- Escoitar experiencias directas de profesionais consolidados do sector
- Establecer contactos útiles a través do espazo de networking final

 

Programa:

17:00 h – Recepción de asistentes
17:05 h – Presentación dos servizos do Polo de emprendemento de Monforte
17:15 h – Intervención dos poñentes, moderados polos técnicos do Polo:
• Cheché Real, Presidente APEHL (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo)
• Beatriz Vila Freire, Delegada da APEHL na Zona Sur
• Martín Mantilla, chef e propietario do Restaurante Berso (Sober) 
• Marta Sánchez Díaz, directora de “Greta te aloja” (Monforte) 
18:15 h – Preguntas
18:45 h – Petiscos e networking

 

Inscríbete e inspírate coas ideas, experiencias e oportunidades que ofrece o sector hostaleiro na zona sur de Lugo! 

 


Presencial

Voltar