Conectando o polo co sector da cosmética natural

Dende 15 de novembro, 2023 - Ata 15 de novembro, 2023

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño organiza unha sesión co obxectivo de xerar novas oportunidades de emprendemento no sector da cosmética natural

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño organiza un encontro entre os axentes da cadea de valor do sector da cosmética natural galega.

 

OBXECTIVOS

  • Detectar as necesidades e retos actuais e futuros do ecosistema empresarial do sector da cosmética galega.
  • Fomentar o networking empresarial.
  • Visibilizar exemplos de boas prácticas.

 

PROGRAMA

10:00h. Recepción de asistentes e benvida

10:15h. Presentación dos servizos que presta o Polo de emprendemento e apoio a emprego do Carballiño

10:30h. Boas prácticas e oportunidades relacionadas coa cadea de valor do sector da cosmética:

  • A materia prima como elemento diferenciador. Natalia Silva Martín, fundadora de Blue Silk Cosmética Termal
  • A ciencia ao servizo da pel. Miguel de la Calle, fundador de Chorima Cosmética Atlántica
  • Beneficios do asociacionismo empresarial. Ariadna Fernández, CEO de LP10

11.45h. Obradoiro de xeración de ideas a través da dinámica World Café

12:45h. Conclusións 

13:00h. Peche da xornada

 

A continuación poderase visitar ás instalacións do Museo de Papel

 

Data: Mércores, 15 de novembro de 2023

Lugar: Museo do Papel (Camiño dos Patos. 32500O Carballiño, Ourense)

 


Presencial

Voltar