Dende 07 de maio, 2025 - Ata 07 de maio, 2025
O Polo de Mondoñedo organiza esta xornada inspiradora sobre a innovación no rural galego, coa presentación dun caso de éxito no sector agrario (Innogando) e un espazo de debate no que compartir ideas, retos e solucións que impulsen o emprendemento, a transformación dixital e o relevo xeracional.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
📅 Mércores 7 de maio | 10:30 h a 12:30 h
📍 Salón de actos do Concello de Abadín (Avda. Galicia, 2)
O rural galego enfróntase a grandes retos, pero tamén conta con oportunidades únicas se aposta pola innovación e a transformación dixital. Nesta xornada coñecerás un caso real de éxito no sector agrario: Innogando, unha startup galega que está a revolucionar o mundo gandeiro combinando tecnoloxía e compromiso co territorio.
A actividade estrutúrase en dúas partes: unha intervención inspiradora do fundador da empresa e un espazo de debate para compartir retos, ideas e solucións entre as persoas asistentes.
Nesta xornada aprenderás...
Como a tecnoloxía pode mellorar a rendabilidade e sustentabilidade no agro
Que pasos seguir para innovar no rural e emprender con éxito
Que oportunidades ofrece a transformación dixital para atraer talento
A importancia do relevo xeracional e a conexión entre axentes do territorio
Programa:
10:30 h – Recepción de asistentes
10:40 h – Presentación da Rede de Polos de emprendemento
Raquel Braña, técnica do Polo de Mondoñedo
10:50 h – Intervención fundador Innogando: Elio López García
https://innogando.com
11:30 h – Debate - intercambio de ideas co público asistente
Facilitado polo equipo técnico do Polo
12:30 h – Conclusións finais e peche da xornada
Inscríbete xa e participa activamente na transformación do rural galego! As prazas son limitadas.