Conectando o Polo coas empresas da contorna. Retos para o emprendemento.

Dende 26 de abril, 2023 - Ata 26 de abril, 2023

O obxectivo é a participación e colaboración de persoas emprendedoras coas empresas da contorna, para conectar e mellorar o desenvolvemento dos pequenos emprendedores e axudar ao territorio do Polo Ourense Centro e Sur a través da solución de retos e problemáticas reais.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ourense Centro e Sur desenvolverá unha sesión creativa para resolver retos concretos de cinco empresas da zona dos sectores agroalimentario, turístico, distribución e hostalaría, co obxectivo de identificar novas ideas de negocio e promocionar o espírito emprendedor. Utilizaremos un proceso áxil de Design Thinking e técnicas que promovan a creatividade dos participantes. Seguiremos a seguinte metodoloxía:   

Programa de traballo:

11:00 - Benvida e presentación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

11:20 - Presentación dos retos por parte das empresas: Comercial Fitoagraria, Patatas fritas Guays, O Retiro do Conde, Restaurante Novaiño e Serra do Larouco.

11:30 - Creación de equipos adicados a resolver os retos formulados polas empresas.

11:40 - Preguntas sobre os retos dirixidas ás empresas.

12:00 - Sesión de brainstorming para a solución de ideas.
12:30 - Lectura de ideas e selección das mellores por parte das empresas.

12:50 - Desenvolvemento das ideas seleccionadas e presentación dos proxectos.

13:45 - Conclusión e peche da sesión.


Programa

Presencial

Voltar