Dende 08 de xullo, 2025 - Ata 08 de xullo, 2025
Descubre todas as posibilidades de financiamento e os recursos da administración pública galega para potenciar o teu proxecto de emprendemento no sector termal.
Categorías: Formación
Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)
🗓️ Martes, 8 de xullo | 10:30 - 12:00 h
💻 Online: plataforma Teams
📍 Presencial: Sede do Polo Baños de Molgas, Rúa Samuel González Movilla, 38-40, Baños de Molgas
As boas ideas das persoas emprendedoras precisan de recursos e financiamento para saír adiante. Esta actividade organizada desde os Polos Baños de Molgas e O Carballiño, en colaboración con Emprego OUtermal pretende dar a coñecer todos os recursos que ofrece a administración pública galega.
A través dun formato participativo e dinámico guiado por Verónica Ferraro e Ana Álvarez, técnicas dos Polos Baños de Molgas e O Carballiño respectivamente, amosaranse todas as axudas e subvencións que farán máis doado conseguir os obxectivos dos proxectos de emprendemento.
Tras esta formación, os usuarios do programa de incubación e aceleración de proxectos do sector termal coñecerán todas as posibilidades na súa man para emprender aproveitando os recursos dispoñibles.
Programa:
10:30 h - Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada.
10:40 h - Presentación do Polo e os seus servicios. Verónica Ferraro – Técnica do Polo de Baños de Molgas.
10:55 h - Explicación das principais subvencións da nosa consellería. Ana Álvarez - Técnica do Polo de Carballiño.
11:30 h - Rolda de preguntas.
12:00 h - Peche de xornada.