Coñece os servizos do Polo e as subvencións para a empresa e o comercio 2025

Dende 02 de abril, 2025 - Ata 02 de abril, 2025

O Polo de emprendemento de Baños de Molgas, en colaboración co Concello de Maceda e a Asociación de Comerciantes de Maceda, organiza unha xornada única para dar a coñecer os servizos do Polo e as subvencións dispoñibles para empresas e comercios en 2025.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

📅 Mércores, 2 de abril | 20:00-21:30 h

📍 Sala de actos do Concello de Maceda 

 

Se es comerciante da zona ou tes algunha inquietude emprendedora, esta xornada é unha excelente oportunidade para obter información directa e resolver todas as túas dúbidas. Durante o evento, explicaranse as axudas que a administración pública galega pon á disposición das persoas emprendedoras, tanto se estás comezando o teu negocio como se xa tes experiencia e desexas acelerar o seu crecemento.

 

Nun formato de charla-coloquio, terás a oportunidade de preguntar todo o que necesites saber e resolver dúbidas sobre as subvencións e programas dispoñibles para potenciar o teu negocio ou idea emprendedora.

 

Ademais, poderás coñecer de primeira man os recursos e apoios que podes aproveitar para impulsar o teu proxecto, así como interactuar con expertos e outros emprendedores que comparten os teus mesmos intereses.

 

Nesta xornada poderás...

✅ Coñecer as principais subvencións para comercios e emprendementos.
✅ Resolver as túas dúbidas sobre os apoios dispoñibles para o teu negocio.
✅ Conectar con expertos e entidades clave para impulsar a túa iniciativa.
✅ Explorar as opcións para mellorar o teu proxecto emprendedor e obter financiamento.

 

Programa:

20:00 – 20:10 h Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada
20:10 – 20:30 h Presentación do Polo e os seus servizos
20:30 – 21:00 h Explicación das principais subvencións da consellería adaptadas aos comercios da zona
21:00 – 21:15 h Coloquio e resolución de dúbidas
21:15 – 21:30 h Petiscos e networking
21:30 h Peche de xornada

 

Só hai 30 prazas! Inscríbete agora e non perdas a oportunidade de mellorar o teu negocio grazas ás axudas dispoñibles!


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Maceda, Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda

Voltar