Coñece os apoios ao emprego e o emprendemento 2025

Dende 25 de febreiro, 2025 - Ata 25 de febreiro, 2025

Explicaranse cales son as subvencións ás que se poden acoller tanto persoas que queren emprender como aqueles emprendedores que xa teñen certa traxectoria pero queren acelerar a maduración do seu negocio

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

📅 Martes, 25 de febreiro | 19:00 - 20:30 h

📍 Salón de Arcos do Concello de Celanova (Praza Maior, nº 1, Celanova)

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Baños de Molgas, en colaboración con Publimonster, organiza esta xornada para dar a coñecer os apoios e recursos dispoñibles para o emprego e o emprendemento en Galicia.

 

Esta actividade capacitarate para:

 

✔️ Descubrir as principais axudas e subvencións dispoñibles para emprender.

✔️ Coñecer os recursos que ofrece a administración pública galega.

✔️ Resolver dúbidas nun formato participativo e dinámico.

✔️ Conectar con outras persoas emprendedoras e profesionais do sector.

 

Programa da xornada:

 

19:00 - 19:10 h. Recepción e benvida.

19:10 - 19:25 h. Presentación do Polo e dos seus servizos.

19:25 - 20:00 h. Explicación das principais subvencións da nosa consellería.

20:00 - 20:15 h. Conversa con Rubén Álvarez (Publimonster) sobre o apoio dos Polos ao emprendemento.

20:15 - 20:30 h. Petiscos e networking.

 

👥 Aforo limitado a 30 persoas. Se queres asistir, inscríbete canto antes!


Presencial

Voltar