Coñece e planifica as túas finanzas da man do Banco de España

Dende 25 de xuño, 2025 - Ata 25 de xuño, 2025

Esta formación busca mellorar os teus coñecementos financeiros persoais e profesionais, ofrecéndoche ferramentas prácticas para que poidas tomar decisións informadas sobre os teus cartos, investimentos e fontes de financiamento, tanto se es emprendedor como se queres mellorar a túa economía persoal.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 25 de xuño | 10:30 - 13:00 h 

📍 Rúa Ramiranes nº 9, O Porriño

 

O Polo O Porriño trae de novo esta formación impartida polos técnicos do Banco de España, coa que poderás adquirir ferramentas clave para mellorar a planificación financeira do teu proxecto, tanto se está en desenvolvemento como se xa está consolidado.

 

Fortalece as túas capacidades financeiras para garantir a sustentabilidade económica do teu negocio a través dos conceptos que se tratarán nesta charla: como tomar decisións financeiras con seguridade, mellorar a planificación de recursos e orzamentos, ou coñecer e valorar distintas vías de financiamiento.

 

Todo nun formato accesible e dinámico, no que se traballará darán consellos prácticos que aplicar a casos reais para sacar todo o rendemento aos recursos económicos do teu proxecto.

 

 

Programa:
10:30 h
- Benvida e presentación e recepción de invitados.
10:35 h - Relatorio: Planificación das finanzas. Que debo saber ao contratar 
unha financiación? A cargo dos técnicos do Banco de España. 

  • Definición de finanzas. 
  • Concepto de riqueza e seguridade financieira. 
  • O orzamento como ferramenta fundamental. 
  • Compoñentes do orzamento. 
  • Financiación.

12:00 h - Preguntas e dúbidas
12:55 h - Peche da xornada

 

 

Inscríbete e resolve todas as túas dúbidas e aprende con casos prácticos cos técnicos do Banco de España nesta xornada.


Presencial

Voltar