Coñece e planifica as túas finanzas da man do Banco de España

Dende 27 de febreiro, 2025 - Ata 27 de febreiro, 2025

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego e o Centro de Orientación e Emprendemento de Galicia (COE) invítante a esta xornada que facilita o Banco de España

Categorías: Formación

 

 

📅 27 de febreiro | 17:00 - 19:30 h

📍 Sede do COE (Rúa Rafael Alberti nº 4, baixo, A Coruña)

 

A formación sobre finanzas organizada polo Centro de Orientación e Emprendemento de Galicia (COE) en colaboración coa Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego e o Banco de España é unha oportunidade única para mellorar a túa educación financeira.

 

A educación é o motor de crecemento e oportunidades. Xunto coa formación, determinan o noso capital humano, que nos permite acceder a mellores empregos e progresar profesionalmente, aumentando así as nosas oportunidades e a calidade de vida.

 

Desde esta perspectiva, as iniciativas de educación financeira impulsadas desde o Banco de España e a súa rede de sucursais están destinadas a mellorar os coñecementos e hábitos financeiros individuais. Isto contribúe a elevar o capital humano e, por tanto, a mellorar a productividade do país.

 

Durante estas 2,5 horas de formación presencial, aprenderás:

 

  • Como construir a túa riqueza e seguridade financeira.
  • Técnicas de aforro que maximizarán os teus beneficios.
  • O poder do interese composto para facer crecer o teu diñeiro.
  • Estratexias de inversión intelixentes e como protexerte do fraude.

 

Ademais, revelaranse:

  • As mellores opcións de financiamento para o teu negocio.
  • Como comparar e elixir a financiación máis conveniente.
  • Os teus dereitos como cliente bancario e como evitar riscos.

 

É unha xornada moi especial para aprender directamente dos expertos do Banco de España. As prazas son limitadas, así que non te quedes sen a túa! 

 

Lembra que só poderás apuntarte o 25 ou o 27 de febreiro, xa que é a mesma formación en dúas xornadas distintas.


Formación

Voltar