Dende 20 de decembro, 2024 - Ata 20 de decembro, 2024
O Polo Baños de Molgas busca presentar ás persoas usuarias o caso de éxito de Kuatro Marketing para poder aprender de eles
Categorías: Os venres dos polos
O Polo Baños de Molgas organiza unha actividade co obxectivo de mellorar a comunicación en liña das persoas asistentes e dar a coñecer o caso de éxito de Kuatro Marketing, proxecto fundado por Andrés e Adrián que ante unhas ofertas laborais precarias e limitadas viron o emprendemento como alternativa. Ambos emprendedores xuntaron as súas formacións en administración de empresas e enxeñaría de telecomunicacións para crear unha nova liña de negocio dirixida a mellorar a visibilidade para as pequenas empresas.
As persoas asistentes tamén poderán ver exemplos prácticos do traballo de Kuatro Marketing e traballar con diferentes ferramentas e estratexias dispoñibles.
O programa será o seguinte:
11:00-11:10 h. Recepción de asistentes e benvida. Presentación da poñente da xornada.
11:05-11:10 h. Presentación do programa da xornada e do contido a tratar. Presentación da Rede de Polos de emprendemento.
11:10-11:40 h. Charla inspiracional: A historia de Kuatro Marketing
11:40-12:30 h. Taller de ferramentas e estratexias dispoñibles: Introdución dos primeiro pasos na comunicación dixital
12:30-12:40 h. Rolda de preguntas
12:40-12:55 h. Petiscos e networking
12:55 h. Peche de xornada
O evento terá lugar no Fogar dos Maiores (Rúa Campo da Barreira nº 3, Allariz, Ourense) o venres, 20 de decembro.
Inscríbete e non perdas esta xornada!