Como vender produtos artesáns en marketplaces

Dende 03 de abril, 2024 - Ata 03 de abril, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco ofrece unha xornada centrada na venda de produtos en liña a través de marketplaces, enfocándose en Amazon para chegar a un mercado nacional e internacional

Categorías: Formación

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

A venda en liña, a través de marketplaces como Amazon, está a converterse nunha parte fundamental do panorama comercial actual. Con millóns de consumidores que buscan produtos en liña cada día, as persoas emprendedoras teñen unha oportunidade única para expandir o seu alcance e aumentar as súas vendas a través destas plataformas.

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco ofrece unha xornada centrada na venda de produtos en liña a través de marketplaces, cun enfoque especial na plataforma líder, Amazon. As persoas participantes explorarán os fundamentos do comercio electrónico, aprenderán a seleccionar a mellor plataforma de xestión de tendas en liña para o seu negocio, abordarán aspectos prácticos da loxística e mercadotecnia nos marketplaces e comprenderán as implicacións fiscais e xestións administrativas necesarias para operar con éxito nestes entornos en liña.

 

O programa será o seguinte:  

9:45-9:50 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.  

9:50-10:00 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco. 

10:00-10:30 h. Bases do ecommerce.

10:30-11:00 h. Xestores para ecommerce.

11:00-12:00 h. Xestión loxística nos marketplaces, o caso de Amazon.

12:00-12:30 h. Pausa para o café e networking. 

12:30-13:30 h. Xestión da mercadotecnia e publicidade nos marketplaces.

13:30-14:00 h. Os impostos e xestións administrativas das vendas online.

14:00 h. Peche da xornada. 

 

Tanto se es unha persoa emprendedora como para aquelas empresas que desexan expandir as súas operacións e aproveitar todo o potencial dos marketplaces, esta xornada pode resultar moi beneficiosa para ti. Non dubides en inscribirte! 

 


Híbrida (presencial+streaming)

Voltar