Como ter un Google Business Profile excelente

Dende 20 de marzo, 2024 - Ata 20 de marzo, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Mondoñedo organiza un obradoiro práctico para crear e optimizar un perfil de Google Business

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

Na era tecnolóxica e dixital na que vivimos é fundamental actualizar e renovar o perfil de empresa con certa frecuencia para acadar visibilidade e mellores oportunidades de venda. Contar con presenza en Google aporta moitos beneficios ao emprendemento. Por iso, o Polo de emprendemento e apoio Mondoñedo ofrece un obradoiro para aquelas persoas que desexen aprender a mellorar a reputación en liña do seu negocio, o alcance, o posicionamento orgánico e pagado ou a experiencia dos clientes e usuarios, entre outras cuestións.

 

Ademais, as persoas participantes sairán de dito encontro coa súa propia ficha profesional de Google creada, optimizada e útil. 

 

O programa será o seguinte:  

10:00-10:15 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.  

10:15-10:30 h. Presentación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. 

10:30-11:00 h. Explicación de Google Business Profile. Impartida por Raquel Braña Cuadrado, técnica do Polo de Mondoñedo e formadora en Márketing Dixital. 

11:00-12:30 h. Taller práctico de creación e optimización da ficha profesional. 

12:30-13:00 h. Quenda de preguntas, conclusións e consellos. 

13:00 h. Peche da xornada.  

 

O evento terá lugar o mércores 20 de marzo na Sala Multiusos Polo Mondoñedo (rúa Julio Parto Montenegro, nº 13). 

 

Non perdas esta oportunidade e anímate a participar! 


Presencial

Voltar