Dende 12 de xuño, 2024 - Ata 12 de xuño, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Baños de Molgas organiza unha actividade para que as persoas participantes poidan realizar o seu propio plan de acción á hora de emprender
Categorías: Formación
Modalidades: Online
Se queres definir os teus obxectivos profesionais e persoais, identificar as actividades prioritarias para o cumprimento deses obxectivos e aprender a deseñar un plan de acción propio, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Baño de Molgas realizará unha actividade na que poderás alcanzar ditas metas, a través da presentación de conceptos básicos e a aplicación de dinámicas participativas.
O programa será o seguinte:
16:00-16:05 h. Recepción e benvida de persoas asistentes.
16:05-16:15 h. Presentación da actividade e das persoas participantes.
16:15-17:30 h. Explicación teórica de conceptos clave: desafíos e cuadrantes no desenvolvemento de proxectos de emprendemento (factores clave, obxectivos SMART...)
17:30-17:50 h. Realización do plan de acción por parte de cada participante.
17:50 h. Peche da actividade.
A actividade terá lugar o 12 de xuño, de forma online a través da plataforma Zoom, recibindo a ligazón da videoconferencia cun mínimo dun día de antelación. Para a inscrición, terán preferencia as persoas beneficiarias da Rede.
Se queres emprender e non sabes como elaborar un plan de acción, esta actividade é para ti!