Dende 10 de xuño, 2025 - Ata 10 de xuño, 2025
Neste obradoiro sobre comercio electrónico, coñecerás as claves para construír unha tenda en liña robusta e preparada para medrar. Analizaremos un caso real para que poidas aplicar estratexias de modularidade e escalabilidade que che permitan medrar sen perder o norte.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
📅 Martes, 10 de xuño | 11:00 - 13:30 h
📍 Sede Polo Melide
Tan importante é ter unha tenda en liña como o feito de que estea preparada para seguirlle o ritmo ao mercado e aos cambios da contorna dixital. Para sacar todo o potencial do teu proxecto, o programa Xerme saca unha nova convocatoria na que ensinarche a deseñar un ecommerce modular e escalable.
Nesta xornada coñecerás casos reais para aprender a tomar a mellor decisión tecnolóxica e aplicar principios estratéxicos. Moisés Mateo Gallego, Head of Business Operations & Sales en GALVINTEC, ensinarache que é un ecommerce modular e escalable, por que é o que mellor se adapta ao crecemento do teu proxecto, e como escoller a mellor plataforma para ti.
O obradoiro axudarache a fortalecer o teu comercio electrónico e darache as claves non só para sobrevivir ás modas pasaxeiras, senón para medrar sen perder rendemento nin estabilidade.
Programa:
11:00 h - Recepción dos asistentes
11:15 h - Benvida por parte dos técnicos do Polo Melide e o Presidente do Clúster de ecommerce
11:30 h - Obradoiro impartido por Moisés Mateo Gallego
13:25 h - Agradecementos e peche da xornada
Non perdas esta ocasión de aprender as claves para sacarlle o máximo partido ao teu ecommerce e inscríbete xa!
ColaboradoresClúster do ecommerce galego