Dende 15 de maio, 2023 - Ata 15 de maio, 2023
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ourense Centro e Sur organiza unha sesión de co-creación na Fortaleza de Monterrei para dinamizar a colaboración entre as empresas e persoas emprendedoras do sector turístico da contorna, fomentar a cooperación, e concienciar e sensibilizar sobre as oportunidades do turismo enogastronómico como dinamizador do emprego.
Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais
Modalidades: Presencial
O potencial turístico do territorio Verín- Monterrei atópase nunha etapa de implicación de gran relevancia, pola existencia dun proxecto de rehabilitación e posta en valor da Fortaleza de Monterrei, xa Parador de Turismo, que supoñerá un revulsivo para o sector, unha oportunidade para xerar unha oferta complementaria ligada aos produtos turísticos de calidade ao redor da enogastronomía a partir de de o viño da DOP Monterrei, o Pemento de Oímbra, a castaña ou a carne. Nun territorio cunha clara identidade vitivinícola, evidenciada nos numerosos elementos do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico, así como nas súas paisaxes culturais vinculadas a esta actividade ancestral, a promoción e mellora da competitividade turística en base a este sector resulta fundamental. Actualmente o destino non dispón dunha marca consolidada que o posicione no imaxinario dos turistas. Bótase en falta unha maior actividade na creación de experiencias e paquetes relacionadas co enoturismo e a gastronomía, que dinamice o emprendemento e o emprego no sector. Resulta por tanto, necesario impulsar la creación e mellora da oferta de produtos turísticos con especial atención ao enogastroturismo para conseguir o estímulo do sector a través de mellorar os aloxamentos, restaurantes, adegas, agroturismo, empresas de actividades turísticas, interpretación patrimonial e lecer activo.
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ourense Centro e Sur organiza unha sesión de co-creación na Fortaleza de Monterrei para dinamizar a colaboración entre as empresas e persoas emprendedoras do sector turístico da contorna, fomentar a cooperación, e concienciar e sensibilizar sobre as oportunidades do turismo enogastronómico como dinamizador do emprego.
O obxectivo da sesión é a co-creación dunha oferta de produtos turísticos enogastronómicos, de cara a dinamizar o emprendemento no sector turístico da comarca de Verín- Monterrei impulsando as relacións comerciais cos operadores de viaxes. Trátase dunha xornada de participación e colaboración coas empresas e persoas emprendedores da contorna, para fomentar a cooperación, concienciar e sensibilizar sobre as oportunidades do turismo enogastronómico como dinamizador do emprego.
Programa
16:15 h. Recepción de participantes.
16:30 h. Inauguración.
16:40 h. Presentación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
16.50 h. Punto de partida: exposición dos activos enogastronómicos do turismo na comarca. Catro breves intervencións de axentes:
17:30 h. O turismo de interior, Comarca de Verín - Monterrei. Cesáreo González Pardal, Presidente do Cluster de turismo de Galicia.
17:45 h. Sesión de co-creación de paquetes e experiencias enogastroturísticas por equipos
18:45 h. Exposición das conclusións de cada grupo de traballo
19:00 h. Clausura.