Dende 13 de xuño, 2025 - Ata 13 de xuño, 2025
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño organiza unha sesión formativa para traballar o benestar emocional das persoas emprendedoras, como punto chave nas estratexias de emprendemento sostible e de éxito dos seus proxectos.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
📅 Venres, 13 de xuño | 12:30–14:30 h
📍 Aula do Centro Sociocomunitario de Tui
O emprendemento é un camiño cheo de aprendizaxes, oportunidades e desafíos. Ademais da xestión, planificación ou financiamento, tamén require coidarse, manter o equilibrio emocional e dispoñer de ferramentas para xestionar a incerteza e o estrés de forma saudable e sostible. Por iso, desde o Polo de Emprendemento do Porriño, en colaboración coa Fundación Ronsel, poñemos o foco nun aspecto clave e, moitas veces, esquecido: o benestar das persoas emprendedoras.
Este obradoiro práctico, conducido por Rebeca Ponte, responsable da nova Área de Benestar Sociolaboral e Saúde Comunitaria da Fundación Ronsel, achegará ferramentas sinxelas e efectivas para traballar o autocoidado, reducir o estrés e mellorar o benestar físico e emocional no día a día do emprendemento.
Partiremos dunha reflexión sobre os retos emocionais que afrontan os proxectos persoais e empresariais, para pasar despois á práctica con exercicios de activación, autoxestión do estrés, movemento consciente e comunicación eficaz.
Programa:
12:30 h Recepción de asistentes
12:35 h Desenrolo teórico da actividade
Factores que alteran o benestar e a saúde
Información clave para a mellora do benestar físico e emocional dos autónomos emprendedores do sector comercio
Claves básicas de autocuidado para emprendedores
13:05 h Desenrolo práctico da actividade
Ferramentas básicas para osixenación
Exercicio práctico activación glándula Timo
Exercicio para activar sistema parasimpático, aprendizaxe de auto masaxe nervio Vago para regular niveis de cortisol producidos por estrés
Exercicio táboa de micro movemento para activación de retorno sistema circulatorio e linfático
Traballo básico de PNL para emprendedores, xestión da incerteza e o desafío da comunicación social
Exercicio final de cohesión grupal para reforzar o sentido de pertenza
14:05 h Dúbidas e conclusións
14:30 h Petiscos e networking
Se estás a emprender ou lideras un pequeno proxecto, coidarte tamén é parte do camiño. Este obradoiro é unha oportunidade para parar, respirar e incorporar ferramentas prácticas que che axudarán a xestionar mellor o estrés, a comunicación e a saúde emocional no día a día.
ColaboradoresCentro Sociocomunitario de Tui