Charla informativa “IMPULSO AO EMPRENDEMENTO DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS NO RURAL”

Dende 10 de xullo, 2023 - Ata 10 de xullo, 2023

Charla informativa sobre os servizos de asesoramento e apoio ás iniciativas de emprendemento de aloxamentos turísticos no rural

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

O Polo de Emprendemento e apoio ao emprego Lugo Sur organiza unha xornada para informar sobre os servizos de asesoramento e apoio ás iniciativas de emprendemento de aloxamentos turísticos no rural, no centro Sociocultural de Sober, núcleo da Ribeira Sacra.

A charla será impartida pola experta Paloma Vázquez Fernández, Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo da Axencia de Turismo de Galicia, e abordaranse os seguintes temas: 

  • Tipoloxía de aloxamentos turísticos: diferencias entre vivenda turística e vivenda de uso turístico 

  • Condicións específicas do aloxamento turístico rural e documentación administrativa 

  • Algunhas axudas de interese 

 

Programa:

12:00 Recepción e benvida ás persoas asistentes

12:10 Presentación da Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego-Polo Lugo Sur

12:15 Axudas ao emprendemento

12:30 Asesoramento sobre os aspectos relevantes para poñer en marcha aloxamentos turísticos no rural. Paloma Vázquez Fernández, xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

13:15 Rolda de preguntas e peche da xornada

 

Lugar e data de de celebración:

Centro Sociocultural de Sober. Pza. do Concello, s/n 27460 Sober - LUGO


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Sober

Voltar