Dende 13 de xaneiro, 2025 - Ata 13 de xaneiro, 2025
Xornada de networking para profesionais do sector turístico, cultural e de benestar, deseñada para fomentar sinerxías e colaboracións mediante dinámicas interactivas, cocreación e espazos de intercambio
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
"Camiñando Xuntos: Cultura, Benestar, Natureza e Turismo en Rede" é unha xornada de networking organizada para profesionais e emprendedores dos sectores turístico, cultural e de benestar. Esta actividade xorde da necesidade de apoiar proxectos emerxentes acompañados polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Coristanco, que buscan explorar novas liñas de traballo e fomentar innovacións que respondan ás demandas dun turismo máis sostible e enriquecedor.
O evento estrutúrase en sesións dinámicas, incluíndo presentacións breves dos participantes, encontros de speed dating profesional e un taller de cocreación onde se traballarán propostas conxuntas. Estas actividades están pensadas para facilitar conexións significativas, potenciar sinerxías e desenvolver proxectos que integren cultura local, prácticas de benestar e contacto coa natureza.
O programa será o seguinte:
9:50 - 10:00 h. Benvida e presentación da xornada
10:00 - 10:30 h. Presentación dos participantes
10:30 - 12:00 h. Speed Dating profesional
12:00 - 12:30 h. Pausa para café e networking informal
12:30 - 13:45 h. Taller de Cocreación: Desenvolvemento de Propostas Conxuntas
13:45 - 14:00 h. Presentación de propostas e peche
A xornada terá lugar o luns, 13 de xaneiro de 2024, no Centro Náutico Municipal Francisco Rama Vázquez “Fufú” en Freixo de Sabardes, Outes. A través deste espazo colaborativo, os participantes poderán compartir ideas, establecer redes e crear solucións innovadoras para o turismo cultural, de benestar e natureza.