Dende 22 de maio, 2025 - Ata 22 de maio, 2025
Encontro participativo organizado desde o Polo Carballiño para impulsar sinerxías entre persoas emprendedoras do sector turístico en Ourense
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
📅 Xoves, 22 de maio | 17:30-19:30 h
📍 Club Náutico Castrelo de Miño
O Polo Carballiño organiza esta xornada como un espazo de conexión entre persoas emprendedoras que están a desenvolver proxectos no sector turístico da provincia de Ourense. Un territorio con gran potencial en recursos naturais, culturais e paisaxísticos, pero que require tecer redes que impulsen a súa dinamización económica e a innovación sostible.
A actividade está pensada para facilitar encontros significativos entre persoas emprendedoras a través de dinámicas participativas: presentacións breves, speed dating profesional e un obradoiro de cocreación para desenvolver propostas colaborativas. Será unha oportunidade única para visibilizar proxectos, recoñecer intereses comúns e deseñar iniciativas con impacto real no territorio, vinculadas ao benestar, á natureza e a un turismo máis integrado e consciente.
Nesta actividade participarás en:
Presentación de proxectos turísticos emerxentes.
Sesión de speed dating para conectar con outras persoas emprendedoras do sector.
Obradoiro de cocreación para desenvolver propostas conxuntas.
Espazo de reflexión compartida sobre o futuro do turismo local.
Networking profesional en contorno natural.
Programa:
17:30h – Recepción de asistentes e benvida
17:35h – Presentación do programa da xornada
17:40h – Presentación dos proxectos emprendedores
18:10h – Speed dating sectorial
18:35h – Taller de cocreación por grupos
19:05h – Posta en común dos resultados
19:20h – Resolución de dúbidas
19:30h – Peche da xornada
Se formas parte do ecosistema turístico local, non perdas esta oportunidade de crear rede, compartir ideas e avanzar xuntos cara a un modelo máis sostible e conectado. Inscríbete xa!