Branding de Territorio: O Viño como Identidade das Terras do Navia

Dende 03 de xullo, 2025 - Ata 03 de xullo, 2025

A xornada centrarase na identidade do viño como símbolo das terras do Navia. Abordaranse as vantaxes de construír unha marca forte que represente a calidade e autenticidade dos produtos locais. Recalcarase a importancia de traballar en colaboración entre produtores, administracións e comunidade para acadar obxectivos comúns. O uso estratéxico do márketing presentarase como clave para aumentar a visibilidade e o prestixio do territorio. Así, fortalecerase a competitividade dos produtores agropecuarios no mercado futuro.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 3 de xullo | 18:30 - 21:30 h

📍 Casa Sidrón, A Pieiga, Negueira de Muñiz

 

 

A marca non se limita ao produto que ofrece, vai moito máis alá. É o caso da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia, que constrúe a súa identidade tamén en torno a pegada histórica e cultural do territorio. 

 

O Polo A Fonsagrada trae esta actividade centrada no branding para aproveitar o potencial da marca e fortalecer a identidade da comarca. Ademais, favorecerá a colaboración entre axentes locais para promover a competitividade dos produtos locais.

 

Realizarase unha dinámica grupal e participativa para poñer en común os valores que se queren construír, e para posicionar o territorio e aumentar a competitividade de produtores locais. En resumo, traballarase de xeito colaborativo como dar protagonismo á identidade do viño como símbolo das terras do Navia.

 


Programa:
18:30 h
- Presentación do evento e do Polo
18:45 h - Presentación das persoas participantes
18:50 h - Charla: O branding territorial como ferramenta de desenvolvemento local

  • A identidade do viño como expresión do territorio
  • A importancia da marca compartida para pequenos produtores
  • Casos de éxito en branding agroalimentario

19:30 h - Obradoiro participativo: Construíndo a marca das terras do Navia

  • Dinámica en grupo: que valores queremos comunicar? 
  • Recursos e ferramentas para posicionar o territorio
  • Estratexias colaborativas para mellorar a competitividade

20:45 h - Sesión de preguntas e conclusións
21:00 h - Café Networking
21:30 h - Peche do evento

 

 

Inscríbete e constrúe unha marca diferencial con outras persoas produtoras da comarca.


Presencial

Voltar