Axudas para o comercio circular

Dende 03 de setembro, 2024 - Ata 03 de setembro, 2024

O Polo de Sarria organiza unha actividade para dar a coñecer aos emprendedores e empresas da comarca a reciente publicación das subvencións do programa de comercio circular

Categorías: Networking da Rede de Polos

 

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Sarria busca difundir cos empresarios e empresas da contorna a recente publicación das subvencións do programa de comercio circular a través dunha actividade. Ademais, esta sesión tamén funcionará como presentación do Polo para aquelas persoas que aínda non o coñezan ben ou non saiban as súas posibilidades e como networking entre persoas asistentes.

 

O programa será o seguinte: 

 

15:00-15:05 h. Recepción de participantes.

15:05-15:10 h. Presentación do Programa da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego de Sarria.

15:10-15:30 h. Exposición das subvencións do programa de comercio circular.

15:30-16:00 h. Rolda de dúbidas que poidan surxir.

16:00–16:30 h. Café, networking e despedida.

 

Este encontro terá lugar o martes, 3 de setembro na sede do Polo Sarria (Rúa Diego Pazos, nº20, Sarria).

 

Se es da contorna, non perdas esta oportunidade, apúntate!


Networking da Rede de Polos

Voltar