As oportunidades da construción sostible

Dende 18 de xaneiro, 2024 - Ata 18 de xaneiro, 2024

Actividade de networking organizada dende O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Coristanco en colaboración co Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC)

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

Esta actividade, en colaboración co Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC), pretende facilitar un espazo de encontro estratéxico centrado na construción sostible e no emprendemento, cos seguintes obxectivos:

- Inspirar, motivar e animar ás persoas emprendedoras a desenvolver proxectos sostibles no ámbito da construción, proporcionando información, recursos e exemplos de éxito.

- Facilitar un espazo propicio para a interacción e conexión entre persoas emprendedoras, expertas e empresas, co o obxectivo de fomentar colaboracións, intercambio de ideas, detección de nichos de negocio e creación de sinerxías.

- Impulsar a aplicación de prácticas de construción sostible en proxectos turísticos, contribuíndo así á creación de destinos turísticos sostibles.

Programa:

  • 10:30h Recepción de participantes.
  • 10:45h Benvida e presentación a cargo de Manuela Concheiro (VIRATEC)
  • 11:00h Intervención de D. Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
  • 11:10h Mesa sobre construción sostible e bioconstrución presentada por Pedro Tasende, director de Aporta Comunicación.

 Carmen Soriano (Álcalis Studio).

 Pedro Fariña (Terras de Buño).

 Elsa Grille (PEFC Galicia).

 Luis Felipe Fernández (Stechome).

Gonzalo Varela (TEVALCOR).

  • 12:00h Mesas de traballo “Presente e futuro da construción sostible”
  • Grupo 1: Necesidades técnicas do sector.  Coordinada por Manuela Concheiro (VIRATEC)
  • Grupo 2: Construción sostible e turismo. Coordinada por Marcos Pérez (Fundación Galicia Sustentable), e na que participarán a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) e a Asociación de Turismo Sostible de Galicia.  
  • 13:30h Presentación e posta en común dos resultados de cada mesa
  • 14.00h Peche da xornada.

O evento terá lugar o xoves 18 de xaneiro ás 10:30h en iSlow Coliving (O Piñeiro, 10, Laxe).


Presencial

Información adicional

ColaboradoresClúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC)

Voltar