As novas tecnoloxías como impulsoras do emprendemento no sector da economía dos coidados e da economía social

Dende 11 de outubro, 2024 - Ata 11 de outubro, 2024

A Universidade de Vigo organiza a xornada "As novas tecnoloxías como impulsoras do emprendemento no sector da economía dos coidados e da economía social" no marco das actuacións do 2024 da orde de axudas as entidades socias de Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

 

Data: 11 de outubro

 

Horario:  de 9:30 h a 13:30 h

 

Localización: Casa das Campás (Pontevedra)

 

Obxectivos: 

  • Facilitar o networkig e o coñecemento da aplicabilidade de novas tecnoloxía e da intelixencia artificial especificamente relacionado coa economía dos coidados, centrados principalmente nas persoas maiores
  • Difundir as conclusións acadadas no estudo "As novas tecnoloxías e a intelixencia artificial como factor de impulso do emprendemento na economía dos coidados a través da economía social", así coma a repercusión no mercado laboral con casos de boas prácticas e oportunidades
  • Promover o coñecemento de experiencia prácticas, así coma tendencias, que se están a desenvolver na economía dos coidados, especialmente as relacionadas con persoas maiores, tanto nas residencias coma nos fogares

 

Estructura da xornada:

Bloque 1 | Exposición das conclusións do informe “Usos das novas tecnoloxías e da intelixencia artificial como factor de impulso do emprendemento en economía social no eido da economía dos coidados”  e do marco de apoio estratéxico.

Bloque 2 | Charla sobre as "oportunidades que as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial ofrece para o emprendemento no sector da economía dos coidados e da economía social"

Bloque 3 | Mesa de experiencias prácticas de emprendemento na economía dos coidados nas novas tecnoloxías e a Intelixencia Artificial

 

A xornada abrirase cunha benvida institucional, na que se contará coa directora da Oficina de Proxectos da Universidade de Vigo, Vicerrectorado de Investigación, Eva Garea e una persoa representante da Xunta de Galicia. 

 

As persoas asistentes poderán degustar un café e charlar cos relatores e participantes na xornada.

 

Debido a que a xornada é aberta a todo o público interesado en asistir, así coma persoas de dirección de centros de día e residencias, agradecemos que por temas organizativos as persoas interesadas se inscriban a través dun formulario online: Inscricións.


Outra

Voltar