Aprende a xerar ingresos coas redes sociais da túa empresa

Dende 15 de maio, 2024 - Ata 15 de maio, 2024

As redes sociais da túa empresa poden xerar ingresos.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

O mércores 15 de maio AJE Galicia ofrece unha actividade para aprender a xerar ingresos mediante o emprego das redes sociais da túa empresa. Da man de Iria Álvarez aprenderás a crear unha comunidade, a fidelizar audiencias ou a optimizar as túas redes sociais empresariais.

 

 

O programa da xornada será o seguinte:

1. Optimización de redes sociais: aprenderás técnicas avanzadas para optimizar os teus perfís e contidos en diversas plataformas sociais, asegurando que cada acción contribúa aos teus obxetivos comerciais. 

2. Xeración de ingresos: descubrirás estratexias probadas para monetizar as túas canles, implementación de tácticas de venda directa e colaboracións.

3. Creación de comunidade: ensinarémosche como construir e cultivar unha comunidade leal, utilizando técnicas de engagement que non so atraen seguidores, senón que os converten en seguidores fieis.

4. Fidelización e aumento de vendas: exploraremos métodos efectivos para fidelizar a túa audiencia e técnicas para impulsar repetidas vendas e referencias.

 

Agardámoste na Sede de AJE -Vigo, Rúa do Marqués de Valladares, 21, oficina 5-6, 36202 Vigo, Pontevedra.

 

Non perdas a oportunidade e sácalle o máximo partido ás redes sociais da túa empresa!


Programa

Presencial

Voltar