Dende 30 de xaneiro, 2024 - Ata 30 de xaneiro, 2024
O polo de A Fonsagrada, organiza unha xornada formativa para aprender a presentar os produtos ou servizos en internet.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
Como parte dos traballos para o impulso da iniciativa "A Despensa de Ancares Terras de Burón", o Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza un ciclo de actividades formativas dirixidas ás persoas emprendedoras que participan no proxecto, xa sexan produtores ou responsables de establecementos turísticos, co obxectivo de mellorar as súas habilidades comerciais.
Esta segunda xornada adícase á presentación en internet dos produtos e servizos de cada persoa produtora ou de cada establecemento participante no proxecto "A Despensa de Ancares Terras de Burón", e terá unha duración de tres horas.
As tres accións que comprende este ciclo formativo son:
Lugar de celebración: Casa do Concello de Baleira.
Horario: de 16.30 a 19.30 h.
ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais