Analítica de datos para a mellora do teu proxecto en liña

Dende 26 de setembro, 2024 - Ata 26 de setembro, 2024

Unha oportunidade para coñecer cómo medir e mellorar o desempeño do teu ecommerce

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

 

O Polo de Silleda acolle o vindeiro xoves 26 de setembro unha sesión formativa do programa Xerme, un programa promovido pola Xunta de Galicia e executado polo Clúster do ecommerce galego, para o apoio a proxectos que venden a través de internet.

 

Nesta sesión formativa, José Antonio Gayoso Rodríguez, experto en analítica de datos, facilitará as claves para entender e abordar esta materia nun proxecto de venda en liña.

 

A sesión comeza ás 10:45 e finaliza ás 13:30 horas.

Contidos da sesión:

- Qué é o análise de datos: Aprenderás qué é e como aplicar os seus conceptos clave para tomar decisións informadas.

- Ferramentas de análise - LookerStudio: Verás cómo empregar esa ferramenta para analizar os datos, aprendendo as claves fundamentais e aproveitando
as súas funcinalidades.

- Fundamentos da visualización de datos: Profundarás nos fundamentos da visualización de datos, aprendendo
a crear representacions claras e efectivas.

- Coñece a túa empresa e mide os teus obxetivos: Poremos en práctica o visto no obradoiro nun
caso práctico que te axude no teu proxecto.

 

O lugar de celebración será o Polo de Silleda (A Moda Rural Lab, rúa Trasdeza nº 70, Silleda, Pontevedra).


Presencial

Voltar