Dende 27 de maio, 2025 - Ata 27 de maio, 2025
Un encontro organizado desde o Polo Vilanova de Arousa en colaboración co proxecto Amas da Terra para celebrar e visibilizar o papel das mulleres que dan forma á nosa gastronomía desde o rural.
Categorías: Conectando o polo co sector...
📅 Martes, 27 de maio | 10:00–13:45 h
📍Sede do Polo Vilanova de Arousa
A gastronomía galega non sería o que é sen as mulleres que, desde o mar, a terra ou os oficios tradicionais, a alimentaron e fixeron medrar. “Amas da Terra” nace para recoñecer ese labor invisible e esencial que tantas mulleres levan facendo xeración tras xeración.
Este encontro, promovido desde o Polo Vilanova de Arousa en colaboración co proxecto liderado pola recoñecida cociñeira Lucía Freitas, é moito máis que unha charla: é unha oportunidade para coñecer historias reais de emprendemento feminino no rural, compartir experiencias, identificar necesidades do sector e propoñer solucións desde a colectividade.
A actividade estrutúrase en dúas partes: unha primeira de inspiración, na que se presentará o proxecto e casos reais como Anónimas Viticultoras ou Salmoira, e unha segunda de traballo colaborativo, na que se abrirá un espazo para a reflexión e a creación conxunta.
Programa:
10:00 h – Recepción e benvida
10:05 h – Presentación do Polo de Vilanova de Arousa
10:15 h – Presentación de Lucía Freitas e o proxecto Amas da Terra
11:00 h – Presentación de proxectos invitados:
• Anónimas Viticultoras
• Salmoira
11:45 h – Pausa café
12:15 h – Laboratorio colaborativo por grupos: análise do sector, necesidades e propostas
13:30 h – Posta en común e conclusións
13:45 h – Peche do acto
Se estás buscando inspiración para o teu proxecto ou idea de emprendemento, esta xornada é para ti.
👉 No caso de que se cubran todas as prazas, terán prioridade aquelas solicitudes vinculadas coa temática da actividade.