Dende 08 de xullo, 2025 - Ata 08 de xullo, 2025
O próximo martes 8 de xullo de 2025, a partir das 10:00 h, a sede de CLUN —en Aldea Ponte Maceira (Ames, A Coruña)— acollerá a segunda edición de Alento Live, unha iniciativa do Clúster da Comunicación de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Traballo Autónomo, Economía Social e Responsabilidade Social das Empresas. Esta xornada ten por obxecto impulsar o emprendemento mediante a difusión de prácticas de comunicación innovadoras e promover o modelo cooperativo como vía sostible de desenvolvemento empresarial.
Categorías: Outra
Presentar o programa de apoio a comunicación das pemes e autónomos. Alento
Poñer o punto de saída ao programa do Cluster da comunicación de apoio as pemes e aos autónomos.
Reforzar as habilidades de comunicación
A través de sesións de pitch e feedback, os participantes recibirán recomendacións precisas de profesionais acreditados en branding, marketing e comunicación corporativa.
Visibilizar o modelo cooperativo
Poñer de manifesto o potencial das cooperativas para impulsar un crecemento sostible, colaborativo e democrático, e o seu papel na consolidación de proxectos emprendedores.
Hora | Actividade | ||
---|---|---|---|
10:00 h | Recepción e palabras de apertura a cargo de representantes de CLUN e do Clúster da Comunicación de Galicia | ||
10:10 h | Presentación de Alento Live 2025: | ||
• Alberto Garnil, Presidente do Clúster da Comunicación de Galicia | |||
|
|||
10:20 h | Mesa redonda: “O modelo cooperativo como opción real de emprendemento” | ||
10:50 h | Sesión de pitch & feedback: Emprendedores presentarán os seus proxectos ante un panel de catro especialistas | ||
11:55 h | Clausura a cargo de Pablo Fernández, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia | ||
12:00 h | Visita guiada ás instalacións de CLUN | ||
12:45 h | Aperitivo institucional e networking |
A asistencia é gratuíta, previa inscrición.
Para formalizar a súa participación, complete o formulario dispoñible na páxina web da iniciativa:
programaalento.gal/alento-live-2a-edicion
Para calquera consulta ou para solicitar presentación de proxecto na sesión de pitch, escriba a:
alento@clustercomunicacion.gal