Dende 30 de xuño, 2025 - Ata 30 de xuño, 2025
Xornada vivencial para persoas emprendedoras centrada no benestar emocional, a xestión do estrés e a confianza no camiño emprendedor. Inclúe dinámicas prácticas, técnicas de autocoñecemento e espazo de apoio mutuo para fortalecer a motivación e a saúde mental.
Categorías: Formación
Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)
🗓️ Luns, 30 de xuño | 10:00 - 13:30 h
📍 Sede Polo Coristanco. Centro de Promoción Rural, Lugar Feiranova S/N, Coristanco
O custo do emprendemento vai moito máis alá do económico, pero o impacto emocional adoita quedar invisibilizado tras as competencias técnicas e o acceso ao financiamento. Esta actividade está pensada para todas as persoas emprendedoras que precisan ferramentas para reducir a ansiedade, xestionar o estrés e recuperar a confianza en si mesmos e no seu proxecto.
A sustentabilidade dos proxectos emprendedores vai da man co benestar emocional, e o Polo Coristanco ofrece neste obradoiro un espazo de coidado, aprendizaxe emocional integral e apoio mutuo.
Traballaranse distintas ferramentas de xestión emocional, autocoidado e autocoñecemento á vez que as dinámicas permitirán conectar con outras persoas na mesma situación, que serán un grupo de apoio que seguirá acompañándose máis alá da xornada.
Programa:
10:00 h - Recepción dos asistentes. Benvida e presentación da actividade
10:10 h - Charla participativa sobre o impacto emocional do emprendemento: expectativas, medo, soidade
11:00 h - Ferramentas para a xestión emocional e o autocoidado
12:00 h - Pausa para café e conexión informal
12:30 h - Activación da confianza e motivación emprendedora
13:30 h - Peche e espazo de apoio mutuo
Se para ti a saúde mental é primordial para o desenvolvemento do teu proxecto, inscríbete e comparte a túa experiencia.