Dende 17 de setembro, 2024 - Ata 17 de setembro, 2024
O Polo Melide organiza unha actividade formativa práctica que permitirá potenciar as habilidades comunicativas das persoas emprendedoras a través da comunicación escrita no medio dixital
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide organiza unha actividade para dotar ás persoas emprendedoras de ferramentas prácticas para expresarse con confianza e persuasión no ámbito profesional.
Os obxectivos desta sesión son que as persoas participantes aprendan sobre os fundamentos e beneficios do copywriting web, o deseño dunha páxina de inicio e desenvolvan habilidades escritas para convertir as visitas en obxectivos.
O programa será o seguinte:
10:00 - 10:10 h. Recepción de asistentes e benvida
10:10 - 10:15 h. Presentación do evento
10:15 - 11:15 h. Espazo coñecemento
Esta actividade estará liderada por Natalia Gonçalves, promotora e fundadora da axencia de Copywrinting MAGNÍFICAS PALABRAS, atendendo o seguinte programa:
11:15 - 11:45 h. Espazo Networking. Pausa café
11:45 - 13:00 h.
13:00 h. Peche da xornada
Esta actividade terá lugar o martes, 17 de setembro na Sala Quirinale da Hospedería Seminario Mayor (Praza da Inmaculada, 3, Santiago de Compostela).
Non perdas esta oportunidade, potencia as túas habilidades escritas!