A xestión das emocións no emprendemento

Dende 24 de abril, 2024 - Ata 24 de abril, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda organiza unha actividade para dotar ás persoas participantes de ferramentas que lles permitan recoñecer e xestionar as emocións parellas ao proceso emprendedor

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

Froito do interese que suscitou a xestión das emocións no obradoiro “Lidera o teu emprendemento: habilidades para o éxito!”, levado a cabo desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda no pasado mes de febreiro, xorde a seguinte actividade para facilitar tanto o proceso de recoñecer as emocións como de xestionalas.

 

O formato da actividade será en liña a través da plataforma Zoom, para facilitar a participación de persoas xeograficamente dispersas, onde se ofrecerá unha sesión teórico-práctica na que serán identificadas as emocións experimentadas durante o proceso de emprender (incerteza, medo, inseguridade, frustración, etc.), e farase visible a mensaxe que están a transmitir. Ademais, traballarase de xeito colaborativo nos bloqueos que provocan, compartindo experiencias e recursos de autoxestión emocional. 

 

O programa será o seguinte:  

16:00-16:05 h. Recepción das persoas asistentes, benvida e presentación da poñente. 

Imparte: 

  • Susana Pérez Crespo, especialista en terapia a través da arte. Certificada Point of You. Experta universitaria en Intelixencia Emocional e Técnica de Integración Laboral entre outros estudos. Con ampla experiencia en xestión emocional con colectivos diversos. 

16:05-16:25 h. Presentación da actividade e das persoas participantes.  

16:25-17:15 h. Bloque 1. Poñendo nome ás emocións. Aprender a identificalas. Que nos están a dicir? 

17:15-17:50 h. Bloque 2. Como xestionar as diferentes emocións. Compartindo estratexias. 

17:50- 18:00 h. Peche da actividade. 

 

A actividade terá lugar o 24 de abril a través da plataforma Zoom. 

 

Descubre máis sobre as túa emocións e aprende a xestionalas para sacarlle o máximo partido durante o teu proceso emprendedor! 

 


Online

Voltar