Dende 15 de marzo, 2024 - Ata 15 de marzo, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda organiza unha actividade para visibilizar a Economía Prateada
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
Ante os retos que supón a transformación demográfica, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda xa tiña realizado un evento enfocado ás persoas de máis de 50 anos que decidiran dar o paso e emprender. Nesta ocasión, a actividade centrarase neste colectivo como “prosumers”, é dicir, nas persoas consumidoras que participan no proceso de deseño de produtos e servizos, para que estes elementos se adapten ás súas necesidades e demandas. Ademais, tamén se lles ofrecerá testar e mellorar os seus produtos e servizos coas aportacións do seu público obxectivo.
O programa será o seguinte:
10:00-10:10 h. Presentación do programa de Polos de emprendemento e apoio ao emprego.
10:10-10:30 h. Relatorio sobre a “Economía prateada: elementos definitorios, retos e oportunidades” ao cargo de Ramón Santorio, voluntario sénior de asesoramento empresarial na SECOT (Seniors Españoles para a Cooperación Técnica).
10:30-11:15 h. Actividades para buscar colaboración entre as persoas emprendedoras e potenciais clientes:
Buscalumes: xogo de cartas que se enfoca en traballar diferentes habilidades como a axilidade mental ou a habilidade visual.
Antifráxil: programa de adestramento multicompoñente que traballa forza, resistencia, equilibrio, flexibilidade, sociabilidade e xogo.
Abundanthia: proporciona educación financeira.
MoiNosas: traballo corporal, contorna natural e manualidades.
11:15-11:35 h. Pausa para o café.
11:35-12:15 h. Exposición da proposta inicial e da proposta mellorada con todo o grupo.
12:15-12:30 h. Peche da xornada.
O evento terá lugar o 15 de marzo, no Hotel Palacio (Rúa Matemático Rodríguez, nº 10, Lalín)