A senda do emprendemento: pivotar para mellorar

Dende 24 de maio, 2024 - Ata 24 de maio, 2024

Aje Coruña, en desenvolvemento do convenio suscrito entre a Federación Galega de Xoves Empresarios e a Xunta de Galicia, convídate a almorzar en Nordés Club Empresarial neste interesante foro

Categorías: Outra

 

 

Este evento ten como obxectivo explorar o concepto de pivotar no mundo empresarial e aprender das experiencias de diversos profesionais que enfrontaron este desafío nos seus negocios.

 

Durante o foro, diferentes perfís profesionais compartirán as súas experiencias pivotando nos seus negocios, destacando os desafíos, aprendizaxes e resultados obtidos. Será unha oportunidade única para aprender estratexias crave para o éxito empresarial.

 

Data: Venres, 24 de maio, de 09:30 a 11:30h

Lugar: Nordés Club Empresarial (R. Enrique Mariñas Romero, 32, 15009 A Coruña)

 

As prazas son limitadas ata completar aforo, se por calquera motivo finalmente non podes acudir, rogámosche que nos avises a través do 981915635 ou ben en info@ajecoruna.com

 

Agardámoste!


Outra

Voltar